Cal é o percorrido? Como chego a Ponte Ulla? Onde pode comer? Resolve aquí as túas dúbidas.

Percorridos

Carreira absoluta

A do Gundián é unha carreira popular de percorrido curto pero esixente, que transcorre polas dúas beiras do río Ulla, entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Ten un percorrido aproximado de 4 km con importantes desniveis. Predominan os tramos asfaltados, aínda que unha parte pequena é sobre camiños de terra.

A proba arranca na ponte vella, unha construción de finais do XVIII pola que pasaba no seu día o viño de Ribeiro camiño de Santiago e que hoxe empregan os peregrinos que seguen a Vía da Prata. A carreira remata na ermida do Gundián, logo dun último quilómetro de subida dura, coa recompensa de chegar á meta no medio dunha romaría, coa  música e o colorido dun día de festa.

Categoria B (9 a 12 anos)

Para os e as atletas nados entre o 2011 e o 2014 a carreira ten unha lonxitude de 1 quilómetro. A saída está na ponte vella e a meta na ermida do Gundián, polo que é un percorrido curto pero con moito desnivel e ramplas moi duras.

Categoría A (5 a 8 anos)

Os corredores e as corredoras nacidos entre o 2015 e o 2018 teñen que cubrir unha distancia de 500 metros. A saída atópase xusto despois da rampla máis difícil, pero aínda terán que sortear varias subidas para chegar á meta, situada na ermida de Gundián.

Categoría A especial (até 4 anos)

Os máis cativos tamén poden participar nesta carreira popular. O reto dos nacidos entre 2019 e 2023 é completar case 200 metros sen despistarse cos berros de ánimo de pais, nais e demais parentes e en sucumbir á tentación de parar antes da meta nos postos de rosquillas, xoguetes e gominolas.

Como chegar

O punto de encontro, saída e recollida de dorsais é a ponte vella da Ponte Ulla, situada no límite entre as provincias da Coruña e Pontevedra, á altura do punto no que a N-525 cruza o río Ulla.

Onde comer e durmir

Se queres quedar a comer logo da carreira, a parroquia da Ponte Ulla ofrece varias opcións. A primeira é facelo na propia romaría do Gundián, onde estará instalado un carro do polbo.

Outros lugares onde comer son:

Se alguén quere quedar a durmir, os dous primeiros ofrecen ademais aloxamento.

Outras cuestións

  • A carreira non conta con duchas para os e as atletas.
  • A inscrición é gratuíta porque queremos que sexa unha carreira o máis popular posible. Para que isto poida ser así, é importante que as persoas que se inscriban acudan a correr e non se apunten só porque é gratis, xa que iso supón un prexuízo económico para a organización.