Toda a información que necesitas: categorías, premios, horarios, condicións…

30ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2023”
PONTE ULLA Vedra
10 de setembro de 2023

1/ Inscrición

Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 6 de setembro ás 23:59h.

 

2/ Categorías

  • A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2019 ao 2023)
  • A (masculina e feminina). De 5 a 8 anos (nados/as do 2015 ao 2018)
  • B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2011 ao 2014)
  • C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2008 ao 2010)
  • D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 2005 ao 2007)
  • E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1988 ao 2004)
  • E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1983 ao 2004)
  • F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1987 inclusive)
  • F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1982 inclusive)

 

3/ Realización da proba

Recollida de dorsais: o 10 de setembro ata as 10 h en Casa Ríos (Ponte Ulla).

Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.

Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 5 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

 

4/ Premios

  • Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo para 1º, 2º e 3º tanto na categoría feminina coma na masculina.
  • Primeiros/as e segundos/as de cada categoría (excepto na categoría A especial): trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo tanto na categoría feminina como na masculina.
  • Primeiros/as clasificados/as da parroquia (excepto na categoría A especial):trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
  • Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos (só 1 premio por persoa), excepto os de primeiros/as clasificados/as da parroquia.

As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.

Todas as persoas participantes disporán de bebida, barritas e froita.

Todos os participantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.

Faranse sorteos entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios.

 

5/ Condicións de participación

A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:

  • Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
  • Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
  • Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto@gundian.gal.

 

Conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle de que os seus datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro, do que é responsable a Asociación de Veciños Virxe de Gundián. A finalidade do ficheiro é levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto@gundian.gal, acompañando a solicitude dunha fotocopia do seu DNI.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.