Toda a información que necesitas: categorías, premios, horarios, condicións…
33ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2026”
PONTE ULLA Vedra
13 de setembro de 2026
1/ Inscrición
Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 9 de setembro ás 23:59h.
2/ Categorías
- A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2022 ao 2026)
- A (masculina e feminina). De 5 a 8 anos (nados/as do 2018 ao 2021)
- B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2014 ao 2017)
- C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2011 ao 2013)
- D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 2008 ao 2010)
- E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1991 ao 2007)
- E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1986 ao 2007)
- F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1990 inclusive)
- F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1985 inclusive)
3/ Realización da proba
Recollida de dorsais: o 13 de setembro ata as 10 h en Casa Ríos (Ponte Ulla).
Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.
Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 5 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.
4/ Premios
- Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo para 1º, 2º e 3º tanto na modalidade feminina coma na masculina.
- Categorías A, B, C, D, E e F: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo para 1º e 2º, tanto na modalidade feminina como na masculina.
- Primeiros/as clasificados/as da parroquia: trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla para o 1º de cada categoría, tanto na modalidade feminina como na masculina, excepto na categoría A especial.
- Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.
Os premios non serán acumulativos (só un premio por persoa), excepto os de primeiros/as clasificados/as da parroquia.
As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.
Todas as persoas participantes disporán de bebida, barriñas e froita.
Todos os participantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.
Faranse sorteos entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios.
5/ Condicións de participación
A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:
- Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
- Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
- Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto@gundian.gal.
En cumprimento da obriga prevista polo artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, infórmase do seguinte:
Responsable: Asociación de Veciños Virxe de Gundián.
Finalidade: Levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación.
Lexitimación: Consentimento da persoa interesada.
Destinatarios: Non hai cesión nin transferencias internacionais.
Dereitos: Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto@gundian.gal.
A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.
A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.
