Cal é o percorrido? Como chego a Ponte Ulla? Onde pode comer? Resolve aquí as túas dúbidas.
Percorridos
Carreira absoluta
A do Gundián é unha carreira popular de percorrido curto pero esixente, que transcorre polas dúas beiras do río Ulla, entre as provincias da Coruña e Pontevedra. Ten un percorrido aproximado de 5 km cun final en subida. Actualmente todo o percorrido é por asfalto.
A proba arranca na ponte vella, unha construción de finais do XVIII pola que pasaba no seu día o viño de Ribeiro camiño de Santiago e que hoxe empregan os peregrinos que seguen a Vía da Prata. Diríxese inicialmente cara ao SO, para percorrer a aldea de Reboredo e logo enfiar cara a San Xoán da Cova, na primeira subida importante da carreira. Despois de volver á ponte vella, punto de saída da carreira, afróntase os últimos 700 metros da proba, unha subida cun desnivel do 7%, con puntos nos que sobrepasa o 20%. A recompensa está na meta, situada na ermida do Gundián, no medio dunha romaría, coa música e o colorido dun día de festa.
Categoria B (9 a 12 anos)
Nesta categoría a carreira ten unha lonxitude de 1 quilómetro (coincide co último quilómetro da carreira absoluta). A saída está na ponte vella e a meta na ermida do Gundián, polo que é un percorrido curto pero con moito desnivel e ramplas moi duras.
Categoría A (5 a 8 anos)
Os corredores e as corredoras da categoría A teñen que cubrir unha distancia de 500 metros (coincide co último medio quilómetro da carreira absoluta).. A saída atópase xusto despois da rampla máis difícil, pero aínda terán que sortear varias subidas para chegar á meta, situada na ermida de Gundián.
Categoría A especial (até 4 anos)
Os máis cativos tamén poden participar nesta carreira popular. O seu reto é completar case 200 metros sen despistarse cos berros de ánimo de pais, nais e demais parentes e en sucumbir á tentación de parar antes da meta nos postos de rosquillas, xoguetes e gominolas.
Como chegar
O punto de encontro, saída e recollida de dorsais é a ponte vella da Ponte Ulla, situada no límite entre as provincias da Coruña e Pontevedra, á altura do punto no que a N-525 cruza o río Ulla.
Onde comer e durmir
Se queres quedar a comer logo da carreira, a parroquia da Ponte Ulla ofrece varias opcións. A primeira é facelo na propia romaría do Gundián, onde estará instalado un carro do polbo.
Outros lugares onde comer son:
Se alguén quere quedar a durmir, tes estas opcións.
Outras cuestións
- A carreira non conta con duchas para os e as atletas.
- A inscrición é gratuíta porque queremos que sexa unha carreira o máis popular posible. Para que isto poida ser así, é importante que as persoas que se inscriban acudan a correr e non se apunten só porque é gratis, xa que iso supón un prexuízo económico para a organización.