Toda a información que necesitas: categorías, premios, horarios, condicións…

32ª CARREIRA POPULAR “GUNDIÁN 2025”
PONTE ULLA Vedra
14 de setembro de 2025

1/ Inscrición

Inscrición obrigatoria e gratuíta en www.gundian.gal/inscricion
ata o 10 de setembro ás 23:59h.

 

2/ Categorías

  • A Especial (masculina e feminina). Até 4 anos (nados/as do 2021 ao 2025)
  • A (masculina e feminina). De 5 a 8 anos (nados/as do 2017 ao 2020)
  • B (masculina e feminina). De 9 a 12 anos (nados/as do 2013 ao 2016)
  • C (masculina e feminina). De 13 a 15 anos (nados/as do 2010 ao 2012)
  • D (masculina e feminina). De 16 a 18 anos (nados/as do 2007 ao 2009)
  • E Feminina. De 19 a 35 anos (nadas do 1990 ao 2006)
  • E Masculina. De 19 a 40 anos (nados do 1985 ao 2006)
  • F Feminina. Maiores de 35 anos (nados até o 1989 inclusive)
  • F Masculina. Maiores de 40 anos (nados até o 1984 inclusive)

 

3/ Realización da proba

Recollida de dorsais: o 14 de setembro ata as 10 h en Casa Ríos (Ponte Ulla).

Saída: ás 10:30 h desde Ponte Ulla.

Percorrido: o circuíto consta de aproximadamente 5 quilómetros. Transcorre por ambas marxes do río Ulla, con chegada na ermida do Gundián. Para as categorías A Especial, A e B haberá percorridos máis curtos.

 

4/ Premios

  • Vencedores/as absolutos/as: trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo para 1º, 2º e 3º tanto na categoría feminina coma na masculina.
  • Primeiros/as e segundos/as de cada categoría (excepto na categoría A especial): trofeo conmemorativo en cerámica da Ponte de Gundián e vales para material deportivo tanto na categoría feminina como na masculina.
  • Primeiros/as clasificados/as da parroquia (excepto na categoría A especial): trofeos conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián doados por Super Ulla, tanto na categoría feminina como na masculina.
  • Premios conmemorativos en cerámica da Ponte de Gundián ao máis veterano/a e ao máis novo/a da carreira.

Os premios non serán acumulativos (só 1 premio por persoa), excepto os de primeiros/as clasificados/as da parroquia.

As primeiras 300 persoas en inscribirse recibirán unha camiseta conmemorativa.

Todas as persoas participantes disporán de bebida, barriñas e froita.

Todos os participantes das categorías A Especial e A que cheguen a meta recibiran un vale de 6 euros doado por Super Ulla.

Faranse sorteos entre todos os participantes presentes no momento da entrega de premios.

 

5/ Condicións de participación

A inscrición nesta carreira popular implica que a persoa que se inscribe, ou o pai/nai/titor no caso de menores:

  • Certifica que se atopa en bo estado de saúde.
  • Exime de responsabilidade á organización por por calquera lesión ou padecemento producido por imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante, así como de calquera outra circunstancia relacionada coa participación no evento (agresión, perda de obxectos persoais etc).
  • Autoriza a organización á toma de fotografías e a utilización da súa imaxe en webs, redes sociais, publicacións, carteis etc, co obxecto de promocionar este evento en particular e o deporte en xeral. Calquera persoa poderá denegar o permiso de utilizar a súa imaxe previa solicitude á comisión organizadora da carreira, por escrito ou a través do correo contacto@gundian.gal.

 

En cumprimento da obriga prevista polo artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación deses datos, infórmase do seguinte:

Responsable: Asociación de Veciños Virxe de Gundián.

Finalidade: Levar a cabo as xestións relacionadas coa inscrición na Carreira Popular do Gundián e informalo de futuras edicións e eventos deportivos organizados por esta asociación.

Lexitimación: Consentimento da persoa interesada.

Destinatarios: Non hai cesión nin transferencias internacionais.

Dereitos: Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderá facelo a través do correo contacto@gundian.gal.

A organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte as presentes condicións de participación.

A organización poderá modificar calquera aspecto da proba de consideralo necesario.

As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento.